UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)

martes, 13 de marzo de 2012

OPORTUNIDADES

OPORTUNIDADES

Todos sabemos que non hai un único xeito de ver a realidade, e tamén o difícil que é cambiar a ollada cando estamos presos do prexuízo e a razón.
Tamén sabemos que a ciencia e a economía colócannos a algúns en cómodos lugares dende os que non é sinxelo atisvar outras posibilidades máis aló do noso discurso.
Que está comodidade física e ideolóxica en gran medida enche o noso tempo e valeira as nosas inquietudes.
Preguntámonos porque temos que ser máis xenerosos,solidarios e comprometidos? Por qué non é mellor que como no mercado non regulado cada un busque o seu beneficio? Por qué pensar nesas outras persoas, se xa depositamos na autoridade elixida a responsabilidade de que o fixera por nos?
Sobrevive entre tanta razón, a inquietude que non tendo todas as respostas non atopa acougo: Inquietude por a inxustiza descarnada, por a desigualdade impúdica, por a miseria paralizante.
Dependerá de nos, que en tempo de crise e cambio, aproveitemos a oportunidade de ser máis humanos ou que floxeen de novo as forzas anestesiadas por o poder e a comodidade.
Non creemos nos que se consideran mellores que outros, creemos nos que sendo máis necesarios enchen a súa vida sen baleirar a de ninguén.
Teremos que defender os dereitos conquistados para todos, o prezo xa está pagado, das mans que os queren recortar conservando os seus. E teremos tamén que facernos cabida, para non establecer unha selección que nos deixe nun novo estanque pero de novo estancados.
Isabel Méndez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coñecer a túa opinión é a razón de ser deste blog.

Os moderadores reservánse o dereito de eliminar comentarios irrespetuosos ou ofensivos.