UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)

jueves, 17 de febrero de 2011

¿Cara onde camiñan as democracias?

Parécenme se callar tempos de reflexión sobre o destino das democracias, tanto para os que xa a viven como para os que aspiran a ela, e os cidadáns do mundo.

Xorden en min unha serie de preguntas acerca da razón e as leis, sobre a Democracia e o Estado de Dereito, sobre o papel que xoga a política na sociedade.

Pregúntome cada vez que vexo o “Telexornal” que é a liberdade, ese famoso termo diariamente escoitamos: ser libre é facer o que un quere?, é actúar sen obedecer a ningunha obriga?, é actúar segundo decidamos? Somos libres na medida na que somos (ou deberíamos ser) seres racionais e, por tanto, é a propia liberdade a base sobre a que se constrúen as leis?

Se a resposta é afirmativa, estamos ante o que se coñece como Estado de Dereito (cando menos,dende unha óptica democrática): as leis, formuladas en orde á razón, rixen o funcionamento da sociedade segundo unha separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial) de forma que é o lexislativo o encargado de lexislar baixo unhas condicións e non o que goberna.

Pero entón: que é a Democracia?

Permítanme afirmar que ambos termos non son independentes, senón que toda Democracia debe funcionar en Estado de Dereito, é decir, determinadas situacións deben ser decididas democráticamente, por maioría; pero outras, as máis, tan só poden ser dictadas pola razón. Mais aínda así, a autoridade da maioría non basta para ter lexitimidade, senón que ten que estar suxeito a unhas normas.

E xa para concluír, cal é o papel da política en todo este entramado de relacións?

Se consideramos a idea de proxecto político da Ilustración, esta tan só é un medio a través do cal edificar unha sociedade a partir da razón e a liberdade.
Mais deixando de lado esa afirmación, cal é o papel da polítca nas democracias actuais??

Tan só vexo o mundo que semella un teatro donde as institucións loitan pola sua supervivencia e empregando a política para este fin, e sen importar o o verdadeiro sentido da cidadanía.

Fdo. A Senhorita Prym

martes, 8 de febrero de 2011

Qué cante o galo!

"O home, e a humanidade, por extensión, guarda habitualmente na arca da cobardía o ouro fino dos valores eternos, e dá uso corrente ao níquel dos desvalores transitorios. Pero chega a hora en que non pode máis, e desabafa. Proclama, entón, alto e forte, o segredo que escondia e a mentira en que vivia. Desta vez, a voz ousada da xuventude -que é sempre a primeira en denunciar as ambigüidades e contradicións sociais- condena os guardas da orde morta; e glorifica os cantores da orde viva. E non é difícil imaxinar o eco que o brado subversivo terá atopado nos corazóns angustiados dos cinco continentes. As cordas da lira de Orfeo nunca prenderan á liberdade…"  (Miguel Torga. Diario X. Coimbra.1968)

E teremos que usar a voz e a palabra unha vez máis, até que nos esperte, até que nos conmova cando fale:


  Da concentración da riqueza en poucas mans e tamén da redistribución e a solidaridade
  Da xente que morre por a libertade e tamén das libertades conquistadas
  Das dictaduras amparadas por poderosos, das    democracias secuestradas polo mercado e tamén das repúblicas de iguais
  Dos que se enriquecen a costa da necesidade de moitos e tamén da cooperación e o emprendemento.
  Das mentiras que nos contan , daquelas que queremos creer e tamén da razón crítica
  Da educación, da información e da cultura que oculta as capacidades, couta a diversidade, e tamén das que preparan para a vida
 Do uso inconsciente e do uso comprido dos dereitos e o benestar conseguidos
 Da política como farsa, dos que defraudan e traicionan o interés polo común e do bó goberno das cousas de todos
 Dos irresponsabeis responsabeis da nosa economía e da regulación eficiente
 Da falta de traballo e do traballo por facer para que non falte
E será tan necesario coma sempre manter vivo o compromiso da intelixencia co amor pola verdade e cos que non teñen voz.
Isabel Méndez