UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)

martes, 20 de septiembre de 2011

Sobre as oportunidades en tempos de crise

Cantas comentarios nos medios sobre o pasado, presente e futuro da crise!
Nos, os desta casa, cantas veces temos dito “isto non hai quen o cambie” e nesa expresión encerrar todo o inmobilismo de acción transformadora ou simplemente ilusiónante.  Ocultos no anonimato  e o típico “todos nos coñecemos”, que nos deixa ben anclados nos nosos prexuízos, sepultamos algunhas veces as inquietudes por mellorar e mellorarnos. 

 Estamos en tempos de crise e crise significa oportunidade de cambio, posibilidade de construír un entorno mellor, unha cidade mellor,  un mundo mellor... Ofrécenos os tempos a oportunidade de repensarnos como profesores, como investigadores, como compañeiros.....de pensar no tipo de economía que fixese do desenvolvemento das persoas o seu eixe central, na que o obxectivo social gañase na  empresa o obxectivo económico, na que  a política  sacase a palestra as mellores cabezas

As circunstancias dannos a oportunidade de recuperar valores esquecidos de solidaridade, de compromiso co outro, de usar a intelixencia en favor da honestidade e o desenvolvemento humano e económico. Dannos a oportunidade de despertar a inquietude, a ilusión e o esforzo  e de que todos arrimemos o ombro.
Os tempos teñen demostrado individual e colectivamente que os recursos económicos por si solos non son quen de manternos como individuos satisfeitos con nos mesmos e o mundo que construímos. Tamén parece que os tempos estannos dicindo que se as economías se moven fundamentalmente  no mundo da especulación e a manipulación a que nos someten os mercados, antes ou despois entramos en crise e, probablemente, voltaremos a ela as veces que sexan precisas namentres non aprendamos a lección. Por iso teriamos que buscar dalgún xeito novas opcións diferentes del “sálvese quien pueda”.

Quizá señan tempos de enfocar a inspiración para que as teorías nos axuden a crear novas ideas, e anclalas en novos valores que nos manteñan desperta a ilusión por nos e por os outros. Boa sorte para todos e moita imaxinación neste novo curso 2011/12!.

Isabel Méndez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coñecer a túa opinión é a razón de ser deste blog.

Os moderadores reservánse o dereito de eliminar comentarios irrespetuosos ou ofensivos.