UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)

viernes, 6 de mayo de 2011

O cárcere da cultura

Xa que me pediron que non me extendera demasiado, posto que algúns lectores poderían asustarse o ver a extenxión. Vou ser directo e centrarme xa, no que non só é unha aberración económica senón tamén, unha manipulación da realidade cultural galega iso que se deixa chamar “Cidade da Cultura” (mellor sería chamarlle “Cárcere da Cultura”)
                Pero vaiamos por partes, é unha loucura económica porque o chiste xa nos leva custado uns 474[1] millóns de euros! Como se atreven a decir agora os políticos que hai que reducir e racionalizar o gasto cando eles foron os máis irracionais e dilapidaron uns recursos tan prezados e necesarios, nuns tempos nos  que se están a reducir os dereitos e liberdades (conceptos que algúns se apropiaron  e fan uso manipulado deles) da clase traballadora a través da redución de gastos e privatizacións?
                Dinnos que non hai cartos para hospitais e ten que entrar a financiación privada que é máis cara, pero si hai cartos para a Cidade da Cultura; non hai cartos para as nosas Universidades, que ben se ve como están algunhas facultades, pero si hai cartos para a Cidade da Cultura; non hai cartos para os nosos científicos, que teñen que coller as maletas e emigrar producindo unha gran perda económica para o país, pero si hai cartos para a Cidade da Cultura; non hai cartos para fortalecer o noso agro, pero si hai cartos para a Cidade da Cultura. Eu o que e que os cartos aparecen cando algúns din que teñen que aparecer. E isto sen falar de todo o nepotismo e irregularidades que cheiraron ao redor da construción do mausoleo como por exemplo, camións cisterna que eran presupostados e ían parar a obras privadas. Pero reflexionen, que se faría agora mesmo con 400 millóns neste país?
                Para máis índole, a manifestación que nese edificio chamado “Arquivo de Galicia”se fai da cultura galega, mostra que nos encamiñamos cara o embotellamento e o encarceramento definitivo da nosa identidade. É algo así coma viaxar no tempo e verme cos meu netos explicándolle que en Galicia existiu unha historia e lingua propia. Nestes tempos  nos que algúns defenden un bilingüismo pero nin sequera  saben falar galego, onde algúns se fan pasar por defensores da liberdade pero o que fan é determinala prohibindo aos seus fillos coñecer e ter a posibilidade de falar a lingua de Galicia; nun intre no que a porcentaxe de galego-falantes en cidades como A Coruña e Vigo son ridículos, onde algúns din que o galego non hai que defendelo nin coidalo, posto que sobrevive por si mesmo (preguntándome porque esta xente defende a “Cidade da Cultura”, ou porque entón todos los españoles gastamos dinero de nuestros bolsillos  en impulsar el español a través del Instituto Cervantes) e onde máis recentemente se están a sentar as bases para liquidarse as autonomías (aquelas que se deixen).
                En resumo, nun momento de decadencia absoluta da idiosincrasia e soberanía galega, como se atreven algúns a facer tan enorme exercicio de falsedade exaltando a históricos galegos que reivindicaban o que estes outros queren comprimir? Si se deixaran de tanta carallada e defenderan a cultura galega como hai que defendela!!!
Alberto Turnes

[1] cifra publicada no xornal Público na edición do 12/01/2011

2 comentarios:

Nunhez Feijoo (Frijolito) dijo...

Ben falado!

Bieito dijo...

Parabéns polo artigo!!

Simplemete quero engadir que o froito desto que nos estás a comentar xa é conto vello... Quen leva a cabo este Darwinismo Social ten unha ventaxa fronte aos que día a día tratamos de defender o que consideramos xusto. SON INCANSABLES. Nunca, endexamáis cesarán no seu empeño de esnaquizar todo aquelo que se lles escape das máns. Como ven decías no tema autonómico, os que se deixen caerán. Non se pode cesar no empeño de levar a verdade e a cabeza alta por pensar dun xeito que, para moitos, é incomodo. Hai que conseguir como ben reza este Blogue, Que cante o Galo! Que cante e que chore, pois o que acontece é para chorar. NOn se pode caer na falsa trampa da demagoxía e do populismo barato que vende as almas dos que no día a día, por as causas que sexan, se mostran indiferentes ante unha realidade pasmosa é abraiante. Hai que chegar ao corazón da rebeldía moral para encherse de razón e tirar para adiante.

Reitero, os meus parabéns polo artigo.

Publicar un comentario

Coñecer a túa opinión é a razón de ser deste blog.

Os moderadores reservánse o dereito de eliminar comentarios irrespetuosos ou ofensivos.