UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)

lunes, 14 de marzo de 2011

Para pensar

Seguro que para todos e todas hay cousas na vida que che fan frenar o ritmo, incluso pararte e decidir dedicarlle un tempo a reflexionar. Moito do que está a ocorrer no mundo parécenos que non vai con nós. Asombrámonos, eso si, e quedamos estupefactos ante moitas noticias que logo nos dan moito “carrete” para as nosas conversas de cafetería polas mañáns. Pero ahí queda a cousa. Mirámolo desde fora, opinamos, debatimos, criticamos, … ata fácemonos “grandes expertos” nalgunhas causas nas que nunca estivemos implicados.


Días atrás tivemos a oportunidade de coñecer a experiencia de dous emprendedores, xente como nós, que tiñan os seus traballos máis ou menos estables, ben remunerados, e unha vida “de pais occidental” ao modo que coñecemos. Por certas circunstancias da vida, tamén como a moitos de nós, un día sentiron que algo lles chamaba a cambiar esa vida. Pero fixeron algo que xa non facemos a mayoría de nós. Pasar á acción. Ben, certo é que moitas outras persoas tamén o fixeron. Coma eles, mudaron completamente a súa vida para dedicarse a axudar aos demáis, e promoveron un proyecto (a ONG Colabora Birmania) que como moitos outros, aporta o seu graniño de area a mellora da vida das persoas que máis o necesitan. Persoas para as que as cousas que nos entendemos como dereitos básicos ou nin siquera tomamos en consideración, son privilegios inalcanzables.


De todas esas cousas, eu quédome coa que máis va con nós, a EDUCACIÓN, e coa que máis me está a tolear a cabeza dende que vin un documental no que coñecí a o profesor Serge Latouche. Propóñovos que, si queredes e tedes tempo, votedes unha ollada a o par de enlaces que vos ofrezo. Para pasar un rato.


Xente como a que aquel día fixonos parar a pensar un rato no ritmo este de vida que levamos, non é xa que teña “moito mérito”, e que é a que REALMENTE TEN CLARO QUE A SÚA VIDA TEN SENTIDO. Qué sorte! Casi todos tiñemos nalgun momento dudas sobre esto, ¿ou non? Non podo transmitir con palabras o que nos fixeron sentir, non hai palabras porque o que moveron en nós foron emocións. Por eso, ocorreuseme que unha posibilidade máis efectiva era compartir con vos o discurso de Shakira ante a Oxford Union que vai exactamente no mesmo sentido: unha proclama da importancia que a EDUCACION UNIVERSAL ten no futuro do mundo. Gracias a Mª Carmen polo link, que ven ao pelo desta primeira idea que quería compartir.


Tamén ese día, en conversa cos nosos convidados, falamos da locura esta da SOCIEDADE DE CONSUMO na que estamos inmersos, case xa de forma inconsciente. Recordei o documental “Fabricados para no durar” que emitiu TVE recientemente. Moitos o coñeceredes, si non, creo que a súa visión é imprescindible. Xa non é tanto o tema en sí da obsolescencia programada dos productos o que vos plantearía, sinon a súa derivación as tesis desde ideólogo da “Teoría do decrecemento” que é Serge Latouche: qué sentido ten tanto consumo innecesario no que todos caemos, sin ter claro nin tan siquera si é porque o decidimos nós.


Os dous discursos son de esas cousas que, como decía ao principio, fixéronme parar a pensar, polo que dou grazas, porque hoxe en dia, xa poucas cousas teñen en mi ese poder.
E noraboa por esta iniciativa do blog, que a través do noso galo, dannos vía libre a compartir O IMPORTANTE.


Loreto Fernandez

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias Loreto por compartir con nos pensamentos tan personales e emotivos. Si parece certo que aqueles que elixen dedicarse a outros son persoas que viven unha vida máis chea de sentido, pero tamén é certo que non todos estamos preparados para facelo así, que para algúns sería forzar demasiado e que non hai ningún modelo que serva para todos. Realmente cada un de nós, no seu propio entorno, ten ocasións para exercitar as mellores cualidades do individuo, tolerancia e xenerosidade cos diferentes, romper rutinas para mellorar a convivencia, encher de creatividade o entorno de traballo, darlle mil oportunidades ao outro para que saque o mellor de si mesmo, non anclarnos en xuizos e prexuizos... é dicir, baixar as mellores ideas dende a cabeza por as canles do corazón para que o noso mundo sexa un pouco mellor xusto dende o lugar que nos atopamos....aínda que nos pareza que os que non coñecemos moito son mellores, usualmente ese é un espellismo que usamos para xustificar o noso estancamento.
Isabel Méndez

dagm dijo...

So direi unha cousa:

http://www.youtube.com/watch?v=ZIuVgy25hjg

PD:¿Podese conseguir o discurso de shakira subtitulado?

Grazas

Loreto dijo...

Para dagm: No link de youtube (http://www.youtube.com/watch?v=2yRm3GCZ2U4) ábrese un cadriño coa transcripción a español do discurso. Non sei si hay que lle dar a algunha opción pero a min aparéceme así.

dagm dijo...

Grazas, teño a mania de desactivar a ventana de texto pola publicidade e eso é o subtitulo.

Publicar un comentario

Coñecer a túa opinión é a razón de ser deste blog.

Os moderadores reservánse o dereito de eliminar comentarios irrespetuosos ou ofensivos.