UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)

martes, 8 de febrero de 2011

Qué cante o galo!

"O home, e a humanidade, por extensión, guarda habitualmente na arca da cobardía o ouro fino dos valores eternos, e dá uso corrente ao níquel dos desvalores transitorios. Pero chega a hora en que non pode máis, e desabafa. Proclama, entón, alto e forte, o segredo que escondia e a mentira en que vivia. Desta vez, a voz ousada da xuventude -que é sempre a primeira en denunciar as ambigüidades e contradicións sociais- condena os guardas da orde morta; e glorifica os cantores da orde viva. E non é difícil imaxinar o eco que o brado subversivo terá atopado nos corazóns angustiados dos cinco continentes. As cordas da lira de Orfeo nunca prenderan á liberdade…"  (Miguel Torga. Diario X. Coimbra.1968)

E teremos que usar a voz e a palabra unha vez máis, até que nos esperte, até que nos conmova cando fale:


  Da concentración da riqueza en poucas mans e tamén da redistribución e a solidaridade
  Da xente que morre por a libertade e tamén das libertades conquistadas
  Das dictaduras amparadas por poderosos, das    democracias secuestradas polo mercado e tamén das repúblicas de iguais
  Dos que se enriquecen a costa da necesidade de moitos e tamén da cooperación e o emprendemento.
  Das mentiras que nos contan , daquelas que queremos creer e tamén da razón crítica
  Da educación, da información e da cultura que oculta as capacidades, couta a diversidade, e tamén das que preparan para a vida
 Do uso inconsciente e do uso comprido dos dereitos e o benestar conseguidos
 Da política como farsa, dos que defraudan e traicionan o interés polo común e do bó goberno das cousas de todos
 Dos irresponsabeis responsabeis da nosa economía e da regulación eficiente
 Da falta de traballo e do traballo por facer para que non falte
E será tan necesario coma sempre manter vivo o compromiso da intelixencia co amor pola verdade e cos que non teñen voz.
Isabel Méndez

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendo resume, Isabel. O Galo vai ter (ten) moito repertorio!
Charo Babío (anónimamente)

Anónimo dijo...

Ben pola idea:pode aportar cousas como espacio de comunicación e intercambeo de ideas na Facultade.
Sobre a primeira entrada:amén.
Para as vindeiras: que o Galo baixe do guindo das letanías;máis concreción.
Manuel Jordán

Anónimo dijo...

O primeiro "kikirikí" do galo deixoume abrallado e, evidentemente, calquer comentario sería obvio se o que pretendemos e buscar respostas os interrogantes que se plantexan. Como dí noso compañeiro Jordán: Amén. Eu engadiría que moitos de nos -por seguir co latín- estamos na fase de: "carpe diem". De todos os xeitos non sobra reflexionar sobre as inxustizas que nos rodean. Como diria meu admirado Fernando Pessoa "Entre mim e a vida há um vidro ténue. por mais nitidamente que eu veja e compreenda a vida, eu não lhe posso tocar.
O blog pareceme unha boa idea e quero felicitar os autores/as.

José A. Redondo

Anónimo dijo...

Primeira entrada excelente.

Este galo voará como unha pomba e, para iso, as prácticas deben comezar xa.

Parabéns pola iniciativa.

A senhorita Prym

Anónimo dijo...

Noraboa pola iniciativa, espero que teña moito éxito e que o galo se faga oír. Agardo post sobre temas concretos, penso que son os que provocarán unha maior e máis diversa participación.

Moitísima sorte

Pilar Murias

Anónimo dijo...

O galo canta pró día. Dá pra poemas finos coma o do noso Amado Carballo: "Ábrelle as portas ó día/coa chave do teu cantar/ que xa na fonte da lúa/ está lavada a mañá.
Sexa como for, os amantes do bop, intuímos no cantar do galo a melodía de A night in Tunisia que é, non ten dúbida, o disco do ano.
Recomendo ós amigos do galo ó artigo de Mahdi Darius Nezemroaya sobre A loita pola autodeterminación no mundo árabe e alizanza entre os dictadores árabes e o capital global que se pode ler nas páxinas de wwww.globaresearch.ca

Publicar un comentario

Coñecer a túa opinión é a razón de ser deste blog.

Os moderadores reservánse o dereito de eliminar comentarios irrespetuosos ou ofensivos.