UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)

jueves, 17 de febrero de 2011

¿Cara onde camiñan as democracias?

Parécenme se callar tempos de reflexión sobre o destino das democracias, tanto para os que xa a viven como para os que aspiran a ela, e os cidadáns do mundo.

Xorden en min unha serie de preguntas acerca da razón e as leis, sobre a Democracia e o Estado de Dereito, sobre o papel que xoga a política na sociedade.

Pregúntome cada vez que vexo o “Telexornal” que é a liberdade, ese famoso termo diariamente escoitamos: ser libre é facer o que un quere?, é actúar sen obedecer a ningunha obriga?, é actúar segundo decidamos? Somos libres na medida na que somos (ou deberíamos ser) seres racionais e, por tanto, é a propia liberdade a base sobre a que se constrúen as leis?

Se a resposta é afirmativa, estamos ante o que se coñece como Estado de Dereito (cando menos,dende unha óptica democrática): as leis, formuladas en orde á razón, rixen o funcionamento da sociedade segundo unha separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial) de forma que é o lexislativo o encargado de lexislar baixo unhas condicións e non o que goberna.

Pero entón: que é a Democracia?

Permítanme afirmar que ambos termos non son independentes, senón que toda Democracia debe funcionar en Estado de Dereito, é decir, determinadas situacións deben ser decididas democráticamente, por maioría; pero outras, as máis, tan só poden ser dictadas pola razón. Mais aínda así, a autoridade da maioría non basta para ter lexitimidade, senón que ten que estar suxeito a unhas normas.

E xa para concluír, cal é o papel da política en todo este entramado de relacións?

Se consideramos a idea de proxecto político da Ilustración, esta tan só é un medio a través do cal edificar unha sociedade a partir da razón e a liberdade.
Mais deixando de lado esa afirmación, cal é o papel da polítca nas democracias actuais??

Tan só vexo o mundo que semella un teatro donde as institucións loitan pola sua supervivencia e empregando a política para este fin, e sen importar o o verdadeiro sentido da cidadanía.

Fdo. A Senhorita Prym

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Suxerente entrada. Dá para moito a reflexión sobre dos rumbos que leva a actividade política en sociedades desenvolvidas: con cidadans primeiro pasivos e satisfeitos con “pan e circo” e logo alarmados porque hai menos pan, só co circo non chega, e da pasividade non nacen respostas.
Nesas sociedades – na nosa- a liberdade e a democracia necesitan participación e, por tanto, responsabilidade de todos. Sen elas, a separación entre representates e representados irá a máis, co risco de que a interpretación do posible derive en aceptación resignada de solucións predeterminadas en instancias e por poderes sen lexitimidade.
Acentúase, nese momento, o carácter de representación “teatral” que sempre está presente na política de masas – representar o mundo é construilo e máis nunha sociedade mediatizada- só que agora a obra non resulta convincente para este público con problemas.
Os riscos: ¡¡¡atención a seducción simple de obras e actores de resonancias épicas/salvadoras que acabaron en traxedias¡¡¡.
A necesidade: moral, sensibilidade e compromiso .
Exemplo: un político que saiu do teatro: “aprendamos e ensinemos aos demais que a política non ten que ser a arte do posible, especialmente cando se pensa en especulacións, cálculos, intrigas, acordos segredos e maniobras pragmáticas, senón que pode ser igualmente unha arte do imposible, esto é, a arte de mellorar o mundo e mellorarnos a nos mesmos” (Vaclav Havel) http://www.filosofiadigital.com/?p=1083

Anónimo dijo...

Saludo el nuevo blog con la felicitación para sus creadoras. Que cante o galo, e que, como escribeu Lorca, "que su canto dure más que sus alas". Luis Carames

Bieito dijo...

Se ben é certo que nos tempos de hoxe non existe unha reacción social a todo o que ocorre ao noso arre¡dor é por algo. A comodidade, o aburguesamento e o consumismo levannos a pensar que todo está ben. A realidade é que non está ben. Pasaron os anos e as desigualdades sociais, a venta do estado de dereito, e a destrución do estado do Benestar avanzan a ritmos galopantes. O papel da política comeza a parecer o teatro do mundo do corazón. A poilitica está cadsa vez máis lonxe da sociedade. Parece que dá igual que esmaguen o teu idioma ou que vaias a ser da primeira xeración que viva peor ca os seus pais. Por desgraza ninguén che vai a dar resposta nin parece que se vaia a molestar en buscala.

Pd: Parabéns Polo Blogue

Anónimo dijo...

Senhorita Prym moitas gracias por compartir as túas inquietudes. As palabras razón, liberdade, lei, democracia, política seguramente teñen
como principal deudor o poder económico, que sendo capaz de propiciar estados de benestar tamén pode baleirar de contido os lugares que
visita. Aínda que a democracia sexa o modelo de goberno máis desexable, cando as prácticas políticas beben en distintas fontes de intres, convertendo as boas intencións declaradas en pobres simulacros de si mesmas, fannos perder a confianza e lévannos a indiferencia política. Aínda así e obvio os grandes logros no campo da liberdade e o benestar conseguidos por as formas de goberno democráticas nos estados de dereito,e o papel da xente de gran cabeza e bo corazón que dende a política manteñen a responsabilidade dos votos que representan. Quizá o problema sexa tamén que a suma desas individualidades con frecuencia non se traduce en virtudes colectivas. Será tan necesario coma sempre avivar o debate social e político saíndo do individualismo no que en parte a indiferencia da que falabamos nos ten metidos, e mantendo atenta a razón crítica e os valores que sempre nos melloraron como individuos e sociedade; en partícular construir e cooperar dende aquelo que nos une, sen prexuizos limitantes por as diferencias. Un saúdo e desexos de que a ilusión e os soños salgan dos baúis da indiferencia.
Isabel Méndez

Un vento mareiro dijo...

Certamente o texto (parabéns pola proposta a Prym) suxire abondo puntos interesantes para discrepar.
Chámame a atención a relación que interpreto se fai entre racionalidade, liberdade e leis, e me pregunto se na práctica un lexislador prudente propón sempre para deseñar unha lei o que é estritamente racional. E ademais, debería facelo? Ou quizais non debera ser prudente... Non será algo presuntuoso atribuírlle ao raciocinio a capacidade para formular as mellores leis para establecer un Estado de Dereito que lexitime a acción política dos encargados de levar á práctica as aspiracións da cidadanía? E supoñer que ademais de ser boas, se van poder levar á práctica non o será mais?
Por outra banda, entendo que a liberdade precisamente ten sentido polas normas que a delimitan, como a silueta dun debuxo da sentido ao anaco de papel branco que contén, e esas normas moitas veces non as decide a maioría por acción, senón por inacción, ou polo goberno da ‘minoría mais numerosa’.

lince dijo...

pareceme un acerto a entrada, e creo que todos estamos bastante de acordo coas reflexións que se expoñen.

Se algo me suxire o texto e que a democracia e o estado de benestar soamente sobrevivirá se existe unha participación activa da sociedade, e sobre todo, da xente xoven. Históricamente a xuventude de este país e de case todos(centrándonos principalmnte nos países occidentáis)exixiron a súa participación,e abofé que a conseguiron, reiventando a figura da xuventude como un grupo social diferenciada e activo na vida pública, e que ademáis, asumía a dificil tarefa de destruir antigos ordes e valores sociais, e conformar os novos.

Hoxe en día a participación da xuventude decae, caemos nos antigos clichés e a nosa forza se dilue enter o ocio e o apolitismo sinceramnte preocupannte. Vivimos na cultura do aburrimento e a falta de motivos. Alguns botanlle a culpa ao estado de benestar, que merma o espiritu emprendedor e creativo...pero que é o estado de benestar se non a herdanza de unha fortisima creacion e destrucción política?
A dialectica continua da historia, e a creación tanto individual como social continua,e a historia non pode acabar pola nosa inacción.

falede, opinade, pataleade.

T.Porteiro

dagm dijo...

Antes de nada agradecer la relfelxión a la señorita prym. El texto me ha llamado la atención desde el primer momento que lo lei pero no ha sido posible hasta ahora poder comentarlo. Paso pues a hacer unas puntualizaciones.

En cuanto a que ciertas personas de caracter público se llenan la boca con la palabra libertad estoy totalmente de acuerdo cuando además estos suelen ser los menos liberales.

¿Es la libertad la base sobre la que se construyen las leyes? No. No en origen, por que la leyes se contruyen sobre la costumbre y la costumbre no es libre, viene impuesta al individuo que nace en determinada sociedad con determinadas costumbres. Así lo recoge nuestro Código Civil, que admite que parte de sus leyes nacen de las costumbres.

Implica la existencia del Estado de Derecho la Democracia. No. Al revés si, la Democracia implica estado de derecho pero pienso que pueden existir estados de derecho con un regimen politico diferente.

citando a la señorita prym: "a autoridade da maioria non basta para ter lexitimidade, senón que ten que estar suxeito a unha normas"

se estamos baixo un rexime democratico, o poder dar normas emana do pobo e se o pobo cambia de parecer pero os ostentadores do poder, a superestructura, non as quere cambiar... enton, ¿estas en contra das revoltas democraticas que se estan a dar nos paises arabes? Podes matizar que alí non hai democracia. Imaxinemos que estas revoltas se dan nun pais democratico, ¿estarias en contra? ¿Non é a democracia a expresion do pobo? As normas deben servir o pobo e non o pobo as normas.

Enlazando coa pregunta de cal é o papel da politica nas democracias actuais sigoche pola mesma liña, a sueprestructura dominante adormece ao populacho para perpetuarse nunha situacion de control. Normal que a xente non proteste contra casos como o de Ley Sinde onde o poder do pobo recollido nas institucions democraticas foi supedita a intereses doutra potencia supeditados a sua vez a un lobby industrial.

Citando agora a Beito: "parece que dá igual que esmaguen o teu idioma ou que vaias ser da primeira xeración que vivira peor que os seus pais"

Que eu sepa non se está facendo unha limpieza lingüistica/étnica de galego falantes, cada un fala a lengua que mais lle peta. De feito eu agora acabo de cambiarme o galego sen decatarme. En canto o das xeracións... malo será que en tanto anos de historia nunca se dera que un xeración vivira peor que a dos seus pais... ¿Crack do 29? por exemplo.

Sen mais, creo que chega polo de agora.

Boas noites.

lince dijo...

en contrario ao que comentaba dagm, a democracia non ten por que implicar un estado de dereito, e si creo que a lexitimidade das leis, non so emana da opinión da maioría, se non de que estas normas ou leis non vaían en contra da liberdade humana. As democracias coronaron a xente como Hitler, e a súas leis foro aprobadas pola maioría e iso non foi condición suficiente para que fosen leis "lexítimas" e "xustas".e decir, existe un estado natural das cousas,que se intentou plasmar na declaración dos dereitos humanos, dadno a casualidade de que estes firmáronse pouco despóis da barbarie nazi.Unha ley non é xusta e lexítima polo feito de que a maoiría da sociedade considere que se debe de aplicar. A pena de morte non é lexitima, e podería apostar a miña camiseta de mostovoi a que a moiría do estado de Tejas consideraa unha ley xusta. O debate xira en torno a marcar esas pautas sen cuartar os dereitos e a liberdades de ninguen, dentro dun abanico non que no que podamos lexislar en base a uns dereitos inhalienables do home.

Publicar un comentario

Coñecer a túa opinión é a razón de ser deste blog.

Os moderadores reservánse o dereito de eliminar comentarios irrespetuosos ou ofensivos.