UNHA MAÑAN DE SOL, A HORA QUE O GALO CANTOU E OUTRO GALO CANTOU E OUTRO E OUTRO…(Federico Garcia Lorca)
Mostrando entradas con la etiqueta opinión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta opinión. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de febrero de 2011

¿Cara onde camiñan as democracias?

Parécenme se callar tempos de reflexión sobre o destino das democracias, tanto para os que xa a viven como para os que aspiran a ela, e os cidadáns do mundo.

Xorden en min unha serie de preguntas acerca da razón e as leis, sobre a Democracia e o Estado de Dereito, sobre o papel que xoga a política na sociedade.

Pregúntome cada vez que vexo o “Telexornal” que é a liberdade, ese famoso termo diariamente escoitamos: ser libre é facer o que un quere?, é actúar sen obedecer a ningunha obriga?, é actúar segundo decidamos? Somos libres na medida na que somos (ou deberíamos ser) seres racionais e, por tanto, é a propia liberdade a base sobre a que se constrúen as leis?

Se a resposta é afirmativa, estamos ante o que se coñece como Estado de Dereito (cando menos,dende unha óptica democrática): as leis, formuladas en orde á razón, rixen o funcionamento da sociedade segundo unha separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial) de forma que é o lexislativo o encargado de lexislar baixo unhas condicións e non o que goberna.

Pero entón: que é a Democracia?

Permítanme afirmar que ambos termos non son independentes, senón que toda Democracia debe funcionar en Estado de Dereito, é decir, determinadas situacións deben ser decididas democráticamente, por maioría; pero outras, as máis, tan só poden ser dictadas pola razón. Mais aínda así, a autoridade da maioría non basta para ter lexitimidade, senón que ten que estar suxeito a unhas normas.

E xa para concluír, cal é o papel da política en todo este entramado de relacións?

Se consideramos a idea de proxecto político da Ilustración, esta tan só é un medio a través do cal edificar unha sociedade a partir da razón e a liberdade.
Mais deixando de lado esa afirmación, cal é o papel da polítca nas democracias actuais??

Tan só vexo o mundo que semella un teatro donde as institucións loitan pola sua supervivencia e empregando a política para este fin, e sen importar o o verdadeiro sentido da cidadanía.

Fdo. A Senhorita Prym